audiovideos
[OVNI ARCHIVES] ovni 2011 chamada á participación
Apreciados amig@s,
Enviámosvos a convocatoria de traballos para o próximo OVNI 2011, que terá lugar do 22 ao 27 de Febreiro de 2011 no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.
Os Arquivos do Observatorio teñen un carácter intencional e temático: facilitar unha Crítica da Cultura Contemporánea, utilizando diversas estratexias: vídeo arte, documental independente, arqueoloxía dos mass media...
A convocatoria é temáticamente aberta dentro dos mencionados campos...incluíndose tamén a recepción de material sen editar, fondos de arquivo e materiais atopados ou recuperados.
OVNI 2011 : http://desorg.org
Data límite: 15 de Setembro de 2010.
Por favor pasar a información a quen creades que lle poida interesar.
Grazas pola vosa colaboración.
Saúde!
vlc abrir stream 2
vlc abrir stream
Encontro/presentación no Cineclube de Compostela de Olholivre e Gz Vídeos
O pasado 1 de abril, as compañeiras do Cineclube de Compostela organizaron unha sesión de presentación dos proxectos Gz Vídeos e Olholivre.

Previa presentación dos dous colectivos pasouse un traballo de cada un: un vídeo recopiltorio do ano percorrido por GZ Vídeos (parabéns!) e A cultura preokupa (Olholivre, 2008). Posteriormente houbo un debate no que se falou de que prioridades tiña cada colectivo, de como se compartían os materiais, dos problemas aos que se enfrentaban as persoas que graban ou fotografían (agresións policiais, multas, perdas de material, etc), de se a xente que estaba nestes colectivos tiña estudos audiovisuais... En definitiva, un agradable encontro no que se xuntaron ao redor de 50 persoas e contribuiu un pasiño máis ao fortalecemento dos espazos de construcción de cultura libre.
Gala dos Oxcars
Este ano, na Sala Apolo- Barna, 28 de outubro ás 20,30 h terá lugar a gala dos Oxcars, artellado polo colectivo de activistas pola cultura libre ExGAE
Durante sete horas haberá actuacións, premios,... na que creación en código aberto e a cultura compartida serán as principais protagonistas. Xogando coa posta en escea dos grandes eventos do mercado do arte e a cultura, este acto plantéxase coma unha deconstrucción deste xeito de creación excluinte, pobre ou nulo nos contidos e absolutamente elitista, onde unha minoría produce e a maioría consume de xeito pasivo. É un xeito tamén de dar a coñecer, e polo tanto promocionar a todas aquelas persoas e colectivos que están a desenrolar a sua creatividade de xeito aberto e cooperativo, na procura de que cada vez máis persoas e espazos abandonen o consumo privativo de producción cultural e aposten pola cultura livre.
Máis info en: http://exgae.net/
estrea do video de maribolheras
O pasado venres tivemos na Casa das Atochas a estrea do vídeo da mani queer 07, un vídeo cheo de aportazóns para entender o movimento queer e o nacimento do colectivo de Maribolheras Precárias en Queerunha. Ainda temos que facer algun retoque para subir o vídeo á rede para poder compartillar con todas a ultima produción de olholivre. No vídeo ha entrevistas, momentos da mani do ano pasado e imaxes do colectivo.
Da recente mani deste ano, as compas de Gzvideos voltan deleitarmos coas sua prolífica produción de reportaxes: http://gzvideos.info/mani-festa-accom-transmaribolhera-querunha-08/.
Que o desfrutedes!!!
En marcha Gzvideos, contrainformación audiovisual
Gzvideos é o espazo de encontro das iniciativas audiovisuais de comunicación e creación alternativas centradas na realidade e problemáticas sociais da Galiza. Pretende constituir unha comunidade de creación audiovisual alternativa onde conflúan as aportacións creativas d@s video-activistas e video-creadoras galegas.

Gzvideos parte dunha iniciativa colectiva independente e non comercial, respostando á necesidade de criar unha ferramenta de contrainformación audiovisual desde e para os movimentos sociais galegos, así como para dar cabida á creación independente, fóra da lóxica da cultura como mercadoría.
Porque na medida das nosas posibilidades, e desde a humildade de quen comeza a camiñar, queremos que o dereito á información, á comunicación e á creación dun pensamento crítico sexa unha realidade na Galiza. Que cada unha de nós poida dar a coñecer o que lle interesa, reapropriándose da tecnoloxía para a edición creativa e a difusión da nosa obra audiovisual.
Gzvideos é un proxecto independente no político e no económico, auto-xerido e sen carácter comercial, que utiliza e vindica o galego como língua propria en calquera das súas normativas.
Gzvideos comprométese na difusión de conteúdos baixo licenzas libres, así como na promoción do software libre para produción e edición do audiovisual.
Gzvideos constitúe un espazo de encontro para a creación audiovisual que parte dos movimentos sociais galegos, un campo onde conflúen o video-activismo e o debate xerados a partir da crítica á realidade galega.
Gzvideos, como plataforma creativa, ten tamén como metas o desenvolvimento e difusión da ficción, non ficción, documentarios, clips e, de modo xeral, priorizando conteúdos producidos e centrados na Galiza.
Nós podemos e queremos realizar videos. Moitas xa o vimos facendo, de feito, mais a nosa opinión non é nin a única posíbel nin a mellor das posíbeis, só unha, polo que procuramos criar un espazo colaborativo que busca a túa implicación. Podes enviar os teus proprios videos ou ben materiais audiovisuais que creas que concordan cos criterios que acabamos de expor.
Apaga a TV, prende a túa mente!
http://gzvideos.info/
Se tes algunha dúbida contacta con nós no enderezo info@gzvideos.info
