1ª Feira Imaginária Contemporánea.
Foro de autoxestión
A I Feira Imaginária Contemporánea xorde como evento que reúne diferentes proxectos culturais nun espacio de encontro e desenvolvemento: o Alg-a Lab de Valadares os días do 2 ao 5 de setembro 2010. A Feira proponse como microplataforma de produción/consumo cultural, na que se destaca o carácter independente e contemporáneo da creación.
A Feira ofrece un modelo de autoxestión no que os diferentes asociacións, creadores independentes e interesados en xeral poden desenvolver o seu traballo. É o resultado dun proceso de decisión e inversión cooperativa d@s participantes na procura de solventar as condicións precarias nas que se atopan.
A Feira aspira a crear a conxuntura que xere un salto cualitativo no tecido creativo e cultural dunha zona relativamente determinada: a comunidade galega, ou máis especificamente, en torno ao seu eixo atlántico e/ou o seu imaxinario luso-atlántico.
A súa vez, a Feira plantéxase como espacio de convivencia: entre o tradicional e o contemporáneo, entre a tecnoloxía e a ecoloxía, entre o rural e o metropolitano. Que aspectos de cada un permanecen, subsisten e resisten no outro? De que maneira poden resoar ambos paradigmas e pechar un mesmo circuito? Isto dá lugar ao que chamamos antropoloxía imaxinaria.
A Feira cuestiona porén a forma de producir, usar e consumir cultura. Achega o limite que separa a Teoría do espectáculo, @ creador@ d@ consumidor@, reformulando o sentido d@ usuari@ cultural e a súa potencia xerativa; incidindo na necesidade dunha formación continua para garantir o resultado de todo producto cultural e incluso da cultura como producto.
Língua e serviços em mao comum

Língua e serviços em mao comum
O Festival da Poesia pretende cada ano unir festa e reivindicaçom, escolhendo sempre um lema que centre as inquedanças do colectivo. 'Língua e serviços em mao comum' centra nos ataques à língua e no retrocesso dos serviços públicos umha preocupaçom general polo incremento contínuo das agressons contra todo o que suponha património popular, contra todo o público e galego.
Desestruturaçom da sanidade pública, relegaçom do ensino público frente ao potenciamento do privado, gestom privada dos recursos naturais, falta de direitos lingüísticos, ausência de serviços de transporte colectivo, comunicaçons nas mans das empresas... som diferentes peças de um quebra-cabeças em que se ilustra a acumulaçom de poder por sectores cada vez mais reduzidos e a infámia da homogeneizaçom cultural.
Escolhe-se a língua polo contexto em que se encontra (perda de falantes, diminuiçom de espaços para o seu uso, aumento de prejuízos lingüísticos e difusom interessada dos mesmos, discriminaçom em todos os níveis do ensino), mas também para dar resposta à penúltima ideia desenvolvida polos sectores mais recalcitrantes do espanholismo: a falácia da imposiçom.
A reivindicaçom duns serviços públicos, universais, gratuitos e de qualidade centram a outra parte da legenda. Ensino, saúde, transportes, água, luz, gás... vam-se ou fôrom-se desmantelando e deixando nas maos das empresas, a diferentes ritmos, mas com o mesmo objectivo: que o povo tenha que pagar polo que é do povo.
Todos estes aspectos vam estar presentes durante o Festival da Poesia; em forma de debates, de intervençons públicas, nos poemas, nas cançons.
Narrativas DIxitais en Aguiño
Do 12 ao !5 de Xullo acampamos en Aguiño para colaborar co proxecto narrativas dixitais, unha proposta de juan freire e karla brunet, xunto a laboratorio do procomún do media-lab Prado de Madrid. labo de coñecemento en creación audiovisual. Varias participantes de Olholivre estamos aqui para facer soporte técnico e acompañar ao grupo de xente nova que vai estar cartografiando con gravacións de audio, vídeo e fotos.
gENEraTech: nODO gALIZA // 19 - 24 xullo /// xORNADAS : gENEratECh.tar.gz
gENEratECh.tar.gz
Regresa GT!
Nesta edición escoitando os sons sen xénero!
Con máis contidos de son: edición, pintxadas, instalacións, en vivo, por internet, todas as posibilidades.
Tamén veremos vídeo e outras cuestións relacionadas coas redes sociais e coa creación dixital.
Apuntate xa!
gewneratech.tzr.gz
ATENCIÓN AO CAMBIO DE DATAS
A Corunha
Cs Atreu, t/ san xosé, 2, baixo, Monte Alto
19X (luns)
19'00 Introdución ás plataformas virtuais: generatech.org
20'00 Recursos de deseño gráfico para a creación dixital
20X (martes)
19'30 Edición de vídeo (gnu/linux)
21X (mércores)
19'00 Edición de Audio (gnu/Linux)
21'00 Stream: emite e difunde!
Vigo
Cs Cova dos Ratos, r/romil, 3 baixo
22X (xoves)
19'00 Edición de Audio (gnu/Linux)
21'00 Stream: emite e difunde!
Valadares (Vigo)
Alg-a Lab Camiño da Igrexa, n254. Barrocas,
23X (venres)
17'00 Obradoiro do entorno programábel OpenFrameWorks.
24X (sábado)
todo o dia: Augmented Sound, Instalación interactiva con OpenFrameWorks
12'00 instalación de Augmented Sound por Berio Molina (alg-a.org, escoitar.org)
18'00 Netlabels, morreu a industria discográfica
18'30 HTDJ, facendo barullo dixital por dAAX! (PureData)
22:00 Emisión de radio: programa final (AptitudeFM, Piratona)
24'00 Akelarre matrio anti-xacobeo
Migrando a linux, talher no Vigo Transforma

Transverssaliçando, tentando inocular o virus software livre, o virus copyleft. Do 6 ao 8 julho estaremos como olholivre dando um talher de migraçom a ubuntu ou debian + habituaçom á realizaçom de processos criativos básicos com GIMP, cinelerra, kdenlive, audacity...no Instituto Camoes, dentro da programaçom do electrofestival Vigo Transforma, que nasce como formato este ano.
Para inscreversse ou ter máis info:
Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHA
Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHA
gENEARETCgZ ::::::::::: pRESENTA
*o marabilhoso e fascinante mundo de video em GNU/linux!
nesta ediçom: video em tempo real*
* especialmente interesante (todo, mais..) a presencia de caedes, desenvolvedor do programa de vídeo en tempo real Delvj, un software baseado en puredata cunha interface gráfica que permite o emprego de obxectos, efectos, 3D, e moitas outras cuestións sen necesidade de programar, en poucas palabras aproveitarse das marabillas do puredata sen ter que pelexar coa programación
*por outra banda a presencia de Minipimer, unha revolucionaria equipa de telestream que aproveita todos as posibilidades do vídeo en directo para facer a tele por internet máis atrevida.
* por último o espazo Generatech como experiencia tecnolóxica vinculada a todas as problemáticas de xénero, subvertendo os roles e mudando unha realidade cada vez máis desxenerada.
simplemente non podes faltar!
Jornadas “Contra-Informaçom e Redes 2.0: O enxame, as regras mudarom”
Jornada 1ª ::ContraInformaçom e informaçom alternativa::
Venres 5 fevereiro-
Partilhamos e analisamos cooperativamente o estado actual da
contrainfomaçom na infosfera do pais; posibilidades e futuro dos espaços
telemáticos em chave social.
Participantes: Vieiros, Galiza libertaria, Altermundo, Indymedia,
Olholivre, Hacktreu. Desculpam asistencia Diario Liberdade e Galiza Livre.
Descarga PDF Contrainformación
Jornada 2ª ::Redes Sociais e web 2.0::
Sábado 6 fevereiro-
Jornada Redes Sociais, web 2.0 Analisamos colectivamente o uso das
ferramentas que favoreçem a interacçom entre as comunidades e pessoas na
infosfera crítica galega
Participantes: Blogaliza, Ergosfera, Universidade Invisíbel, Sementeira,
Indymedia, Saramaganta, CCSS, Trebelab, Hacktreu, Depaso, Olholivre,
Hacktreu...)
Descarga PDF Redes Sociais
SGAE e internet: as súas ofenssivas, as nossas alternativas

Hoje, 8 de abril ás 20:00 h na Gentalha do Pichel em Compostela olholivre estará numha mesa redonda sobre SGAE, internet e as nossas alernativas em clave de cultura livre, direito á liverdade de expressom, á privacidade etc etc
I Jornadas Galegas da Ediçom Independente
Estaleiro Editora e Corsárias organizam as I Jornadas Galegas da Ediçom Independente.
As apresentações, palestras e debates realizarám-se na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela entre 2 e 5 de Março. Cada jornada constará de duas sessões diárias, a primeira às 17h00 e a segunda às 19h00 da tarde. As I Jornadas Galegas da Ediçom Independente finalizarám com umha festa cheia de música, teatro e sorteios que se celebrará na sexta-feira dia 5 de Março, às 22h30, no Bar As Duas.
[OVNI ARCHIVES] ovni 2011 chamada á participación
Apreciados amig@s,
Enviámosvos a convocatoria de traballos para o próximo OVNI 2011, que terá lugar do 22 ao 27 de Febreiro de 2011 no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.
Os Arquivos do Observatorio teñen un carácter intencional e temático: facilitar unha Crítica da Cultura Contemporánea, utilizando diversas estratexias: vídeo arte, documental independente, arqueoloxía dos mass media...
A convocatoria é temáticamente aberta dentro dos mencionados campos...incluíndose tamén a recepción de material sen editar, fondos de arquivo e materiais atopados ou recuperados.
OVNI 2011 : http://desorg.org
Data límite: 15 de Setembro de 2010.
Por favor pasar a información a quen creades que lle poida interesar.
Grazas pola vosa colaboración.
Saúde!
